Ao inicio do acto gardaron un minuto de silencio en recordo ás vitimas do naufraxio do Mar Mediterráneo
- Colectivo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 16 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que están esta semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses que xa estiveron no mes de marzo en Alemaña.
O acto comezou gardando un minuto de silencio en recordo das vitimas da traxedia acontecida no día de onte no Mar Mediterráneo e no que se calcula que faleceron máis de 700 inmigrantes.
López Orozco lembroulles a importancia que teñen estes intercambios de alumnos, a nivel europeo, xa que nos permite coñecernos mellor, respetarnos e crear unha Europa en paz e unida. Neste sentido, o Alcalde, tamén lembrou con eles algunhas das figuras máis destacadas da cidade de Leipzig dende músicos a filósofos.