Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estudates de Leipzig en Alemaña, de intercambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, visitaron a Casa do Concello

Estudates de Leipzig en Alemaña, de intercambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, visitaron a Casa do Concello

Ao inicio do acto gardaron un minuto de silencio en recordo ás vitimas do naufraxio do Mar Mediterráneo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación
  • Colectivo
    • Xuventude
Luns, 20 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudates de Leipzig en Alemaña de intercambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron a Casa do Concello

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 16 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que están esta semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses que xa estiveron no mes de marzo en Alemaña.

O acto comezou gardando un minuto de silencio en recordo das vitimas da traxedia acontecida no día de onte no Mar Mediterráneo e no que se calcula que faleceron máis de 700 inmigrantes.

López Orozco lembroulles a importancia que teñen estes intercambios de alumnos, a nivel europeo, xa que nos permite coñecernos mellor, respetarnos e crear unha Europa en paz e unida. Neste sentido, o Alcalde, tamén lembrou con eles algunhas das figuras máis destacadas da cidade de Leipzig dende músicos a filósofos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/estudates-de-leipzig-en-alemana-de-intercambio-no-ies-nosa-senora-dos-ollos-grandes-visitaron