Estudantes da Universidade de Maiores de Estremadura visitan o campus de Lugo nun programa de intercambio universitario

Lara Méndez e Javier Bueno deron a benvida á delegación extremeña, que visitou a sede universitaria luguesa no marco dun intercambio con estudantes do programa de IV Ciclo USC

Xoves, 15 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes da Universidade de Maiores de Estremadura visitan o campus de Lugo nun programa de intercambio universitario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno, deron a benvida este xoves ao alumnado da Universidade de Maiores de Estremadura, no auditorio da Casa do Saber, onde a delegación estremeña comezou a súa estadía na capital luguesa cunha recepción institucional, na que tamén participaron a directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira, e a coordinadora deste programa de formación de maiores na sede universitaria luguesa, Teresa Rodríguez.

Medio centenar de alumnos da Universidade de Maiores de Estremadura visitaron a sede universitaria luguesa no marco dun intercambio con estudantes do programa de IV Ciclo USC, no que tamén participará estudantado sénior da institución académica compostelá, tanto en Santiago como en Lugo.

Unha visita guiada á Domus do Mitreo, a cargo do arqueólogo Celso R. Cao, seguido douto percorrido pola catedral de Lugo, conducido pola conservadora do museo diocesano de Lugo, Carolina Casal, serviron de preludio ao almorzo de confraternidade que compartiron no casco histórico lugués a delegación sénior estremeña con estudantes e profesores do IV Ciclo da USC.

Multimedia

  • Estudantes da Universidade de Maiores de Estremadura visitan o campus de Lugo nun programa de intercambio universitario

Noticias relacionadas