Escolares lucenses recibirán formación práctica de educación vial a partir do luns no Parque Infantil de Tráfico

Venres, 05 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo impartirá a partir do vindeiro luns, día 8, clases prácticas de educación vial a varios centos de escolares lucenses.

Polas mañás terán lugar no Parque Infantil de Tráfico as clases prácticas para alumnos de centros educativos que recibiron durante o primeiro trimestre deste curso académico a formación teórica impartida nos propios colexios. Os primeiros alumnos que pasarán polo PIT serán os do colexio María Auxiliadora.

Tamén o luns comezan, neste caso en horario de tarde, as clases do II Curso Primavera Segura organizado pola Concellería de Educación coa colaboración da Xefatura Provincial de Tráfico. Esta é unha actividade na que participan, por segundo ano consecutivo, nenos con idades comprendidas entre 8 e 13 anos. Cada un dos cursos ten unha semana de duración e a programación acabará o día 20 de maio.

Noticias relacionadas