Do 1 de xuño ao 12 de outubro os centros da Rede de Museos Municipais terán novos horarios de verán

O horario de verán na Casa dos Mosaicos entrará en funcionamento a partires do 16 de xuño. A entrada é totalmente gratuíta en todos os museos

Martes, 31 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer os novos horarios de verán dos museos municipais, que entran en vigor mañá mércores 1 de xuño e que estarán vixentes ata o 12 de outubro.

Tal e como anunciou a edil, o Centro de Interpretación da Muralla, onde se sitúa a Oficina Municipal de Turismo, abrirá de luns a mércores de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas, de xoves a sábado de 11:00 a 19:30 e os domingos, de 11:00 a 18:00 horas.

Pola súa banda, o Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL) abrirá de martes a sábado en horario de 11:00 a 13:00 y de 17:00 a 20:00 horas e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

A Domus de Mitreo, o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá abrirán de xoves a sábado de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas e os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.

O horario de verán na Casa dos Mosaicos entrará en funcionamento a partires do 16 de xuño e será de martes a sábado de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 e os domingos, de 11:00 a 14:00 horas.

En todos os centros da Rede de Museos Municipais a entrada totalmente é gratuíta.

Noticias relacionadas