Diversiarte achegou a solidariedade a Lugo durante tres días

Lara Méndez e Carmen Basadre visitaron este venres os postos deste mercado solidario instalados na Praza Anxo Fernández Gómez

Venres, 18 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Diversiarte achegou a solidariedade a Lugo durante tres días

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este venres os postos do mercado solidario Diversiarte instalados na Praza Anxo Fernández Gómez. Trátase dun mercadiño organizado polo Concello de Lugo en colaboración cunha vintena de asociacións da cidade para facer máis visible o traballo que realizan estas entidades sociais.

No mercado, que pechou as súas portas ás 20:00 horas tras tres días de actividade, participaron as asociacións Alcer Lugo, Alucem, Alume, Adace Lugo, Adil, AFALU, Asociación Española Contra o Cancro, ALUFI, ALUSOR, ANADE, ASORLU, Asociación Galega de Lupus, Auxilia Lugo, COGAMI, ASPNAIS, ONCE, Raiolas Lugo, Down, Capaces Lugo, Asociación Parkinson Lugo, FADEMGA Plena Inclusión, Bonhomía e Centro San Vicente de Paúl.

Noticias relacionadas