Cristina López recibe a estudantes da USC que visitaron a praza de Abastos e ao Mercado Municipal

A Tenencia de Alcaldía abriu as portas desta instalación a un grupo de estudantes do grao de nutrición.

Cristina López: "este grupo puido coñecer a calidade dos productos ofertados na Praza e no Mercado".

Venres, 11 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López recibe a estudantes da USC que visitaron a praza de Abastos e ao Mercado Municipal

Cristina López, responsábel da área de Participación e Servizos á Veciñanza, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do grao de Nutricición da USC que visitaron a Praza de Abastos e ao Mercado Municipal. López destacou a importancia de abrir a Praza e o Mercado a este tipo de actividades "onde poden atopar os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións e compartir coñecementos coas e cos profesionais deste sector".

"Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que distintas persoas coñezan as instalacións e os distintos postos", afirmou Cristina López, que engadiu  "buscamos que a veciñanza de Lugo aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

Noticias relacionadas