Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López recibe a estudantes da USC que visitaron a praza de Abastos e ao Mercado Municipal

Cristina López recibe a estudantes da USC que visitaron a praza de Abastos e ao Mercado Municipal

A Tenencia de Alcaldía abriu as portas desta instalación a un grupo de estudantes do grao de nutrición.

Cristina López: "este grupo puido coñecer a calidade dos productos ofertados na Praza e no Mercado".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Formación
Venres, 11 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López recibe a estudantes da USC que visitaron a praza de Abastos e ao Mercado Municipal

Cristina López, responsábel da área de Participación e Servizos á Veciñanza, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do grao de Nutricición da USC que visitaron a Praza de Abastos e ao Mercado Municipal. López destacou a importancia de abrir a Praza e o Mercado a este tipo de actividades "onde poden atopar os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións e compartir coñecementos coas e cos profesionais deste sector".

"Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que distintas persoas coñezan as instalacións e os distintos postos", afirmou Cristina López, que engadiu  "buscamos que a veciñanza de Lugo aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-recibe-estudantes-da-usc-que-visitaron-praza-de-abastos-e-ao-mercado-municipal