Cristina López asiste ao III Encontro de Mercados Tradicionais que se celebra esta fin de semana en Barcelona

 O encontro, organizado pola coordinadora estatal de mercados tradicionais METRAE, ten lugar no mercado da Boquería en Barcelona.

A concelleira de Participación asistiu ao encontro xunto coa xefa de servizo de Participación, Amparo Rubinos.

Luns, 23 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López asiste ao III Encontro de Mercados Tradicionais que se celebra esta fin de semana en Barcelona

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, acompañada pola xefa de servizo de participación, Amparo Rubinos, asiste durante esta fin de semana ao III Econtro de Mercados Tradicionais que se está a celebrar no Mercado da Boquería, en Barcelona, organizado pola coordinadora estatal de mercados tradicionais de abastos METRAE. A concelleira de Participación asiste a esta mostra "co obxectivo de continuar a mellorar os servizos que prestamos en dúas instalacións referenciais como son a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros".

No encontro participan os responsábeis dos principais mercados tradicionais do estado, onde amosarán os seus distintos proxectos e, a través de mesas redondas e varias sesións paralelas, se porase en común o funcionamento de cada unha das instalacións.

“Seguimos traballando para que a Praza e o Mercado cheguen a ter o total dos seus postos ocupados e en funcionamento" declarou Cristina López, que destacou que “na Praza e no Mercado atopamos produtos de calidade, ao mesmo tempo que recibimos a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto”.

Cristina López destacou a importancia do comercio local, “que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria”, e afirmou q ue “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible”.

Noticias relacionadas