Segundo Cristina Ferreiro “trátase de lembrar ás mulleres que xa non están entre nós pero tiveron un importante papel durante a súa vida”
Integrantes de todos os grupos da Corporación participaron na colocación dun ramo de flores no Cemiterio Municipal

A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou unha ofrenda floral co motivo do 8 de Marzo.
Segundo indicou a Concelleira de Participación, Cristina López, “trátase de lembrar ás mulleres, nesta data sinalada, que xa non están entre nós pero tiveron un importante papel durante a súa vida”. A ofrenda floral estivo seguida dunhas palabras da concelleira responsable que agradeceu a presenza de representantes de todas as forzas políticas con representación na corporación. Este é un dos actos programados polo Concello de Lugo para conmemorar o 8 de marzo.
O resto de actos, programados polo gobernó muncipal, desenvolveránse cunha programación segura para reivindicar feminismo durante o mes de marzo.