Domingo, 20 de abril de 2025
Fonte:
Gabinete de Prensa

A corporación municipal participou este domingo na procesión do Santo Encontro, na que tamén se honra á Virxe do Rosario, patroa do Concello de Lugo. Un paso, moi emotivo, que iniciou o seu percorrido ás 11:45 horas da mañá na confluencia das rúas de San Pedro e da Praza Maior e que partiu da Casa Consistorial. A procesión estivo presidida polo alcalde, Miguel Fernández e polo resto da corporación municipal até a chegada á Catedral onde se celebrou o Santo Encontro e a Solemne Misa Pontifical de Resurrección. Culmina así unha Semana Santa na que o rexedor destacou a alta participación da sociedade lucense nas actividades programadas.




