Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A corporación municipal participa na procesión do Santo Encontro coa que conclúe a Semana Santa lucense

A corporación municipal participa na procesión do Santo Encontro coa que conclúe a Semana Santa lucense

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural
Domingo, 20 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A corporación municipal participa na procesión do Santo Encontro coa que conclúe a Semana Santa lucense

A corporación municipal participou este domingo na procesión do Santo Encontro, na que tamén se honra á Virxe do Rosario, patroa do Concello de Lugo. Un paso, moi emotivo, que iniciou o seu percorrido ás 11:45 horas da mañá na confluencia das rúas de San Pedro e da Praza Maior e que partiu da Casa Consistorial. A procesión estivo presidida polo alcalde, Miguel Fernández e polo resto da corporación municipal até a chegada á Catedral onde se celebrou o Santo Encontro e a Solemne Misa Pontifical de Resurrección. Culmina así unha Semana Santa na que o rexedor destacou a alta participación da sociedade lucense nas actividades programadas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-participa-na-procesion-do-santo-encontro-coa-que-conclue-semana-santa-1