Convocada para o vindeiro martes a Comisión do Garañón

Así mesmo, tal e como avanzara a Alcaldesa, o Concello iniciará o proceso de execución das sentenzas do TSXG sobre o proxecto e a licenza de obras do Garañón, tras recibir a entidade local a comunicación da súa firmeza

Venres, 07 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno Local de Lugo convocou para o vindeiro martes, 11 de abril, ás 13:00 horas, a Comisión do Garañón. Deste xeito continúa na súa aposta pola transparencia e o diálogo como forma de relacionarse coa oposición, e máis cando se trata dun asunto complexo que lle afecta tanto á cidadanía lucense, como neste caso.

Así mesmo, tal e como avanzara a Alcaldesa de Lugo esta mesma semana, o Concello iniciará o proceso de execución das sentenzas do Tribunal de Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanización da Unidade de Actuación do Garañón e sobre a licenza de obras do edificio, tras recibir a entidade local a comunicación da súa firmeza. O inicio da execución das sentenzas verase reflectido na próxima Xunta de Goberno. Para o derrubamento das torres será preciso aprobar os Orzamentos do Concello, nos que se consignarán 300.000 euros para este fin, e seguidamente iniciar o correspondente expediente.

Noticias relacionadas