Consenso entre Concello de Lugo e Goberno autonómico para a remodelación da rúa Serra de Meira

Optouse por unha alternativa que favorece o tránsito, ao manter as dúas ramplas, e cun trazado que logra salvar a afección á zona de servidume do río.

Mércores, 02 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Consenso entre Concello de Lugo e Goberno autonómico para a remodelación da rúa Serra de Meira

O concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, e o director xeral desta área, Hipólito Pérez, asistiron esta mañá a unha reunión técnica na delegación da Xunta para estudiar as diferentes propostas construtivas para a remodelación da rúa Serra de Meira. Houbo consenso entre ámbalas dúas administracións e optouse por unha das catro alternativas posibles, que favorece o tránsito, ao manter as dúas ramplas existentes, e cun trazado que logra salvar a afección á zona de servidume do río.

Desde a área de Urbanismo, o seu responsable Jorge Bustos, valorou positivamente este acordo e instou á Xunta a “acometer canto antes esta obra, para completar todo o desenvolvemento urbanístico realizado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo nesta zona”. Para o edil Jorge Bustos “existe un compromiso da Xunta co desenvolvemento e conclusión do Plan Paradai. Cremos que é clave non só para cumprir coas demandas da veciñanza, senón tamén para avanzar nesa cidade sostible e ben comunicada, e de forma máis concreta no crecemento urbanístico de Paradai”.

Noticias relacionadas