A confirmación dunha morte de hai días como crime machista en Fuengirola concentra á corporación municipal para condenar o décimo quinto asasinato no que vai de ano

Varios edís do Goberno local participaron no minuto de silencio para rexeitar o crime de Zunilda, nun día sen determinar deste mes de xuño, a mans do seu marido.

Luns, 23 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A confirmación dunha morte de hai días como crime machista en Fuengirola concentra á corporación municipal para condenar o décimo quinto asasinato no que vai de ano

Concelleiras e concelleiros do Goberno local participaron, xunto a outros membros da Corporación lucense, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para condenar o asasinato de Zunilda, unha muller colombiana de 43 anos, que morreu a mans do seu marido, nun día sen determinar deste mes de xuño, na localidade malagueña de Fuengirola. Co asasinato de Zunilda xa son 15 as mulleres mortas a mans das súas parellas ou ex parellas, no que vai de ano, e seis na comunidade autónoma de Andalucía.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou a natureza machista do crime e informou de que non existían denuncias previas por malos tratos contra o presunto feminicida, que non poderá ser xulgado polo crime, xa que despois de acabar coa vida da súa muller, suicidouse.

Multimedia

  • A confirmación dunha morte de hai días como crime machista en Fuengirola concentra á corporación municipal para condenar o décimo quinto asasinato no que vai de ano

Noticias relacionadas