As inscricións - por rigorosa orde de entrada - deben realizarse entre o 2 de maio e o 21 de xuño, a través da web lugomasxti.org.
Faranse 6 grupos en 3 días: un grupo de maña e un grupo de tarde, e contará cunha duración de 5 horas para cada grupo.

O Executivo de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), abre o prazo de inscripción para que lucenses, entre 18 e 49 anos, se inscriban nun curso de pesca deportiva, impartido polo pentacampeón do mundo de pesca, David Arcay.
Esta actividade está plantexada para realizarse durante as mañás e as tardes do mes de xullo “co obxectivo de achegar alternativas de ocio saudables e de balde nun entorno natural único como é a ribeira do Miño” apuntaba a rexedora.
A formación desenvolverase os sábados 1, 15 e 22 de xullo, e será de xeito presencial, no Río Miño (concretarase o punto de encontro cos participantes). Faranse 6 grupos (2 grupos cada día): un grupo de maña e un grupo de tarde, e cada grupo gozará dunha formación de 5 horas.
As inscricións - 12 prazas por grupo - deben realizarse entre o 2 de maio e o 21 de xuño, a través da web lugomasxti.org. Os/as interesados/as escollerán o grupo no que prefiren asistir:
Grupo 1 |
sábado, 1 de xullo |
09.30 ás 14.30 |
Grupo 2 |
sábado, 1 de xullo |
16.00 ás 21.00 |
Grupo 3 |
sábado, 15 de xullo |
09.30 ás 14.30 |
Grupo 4 |
sábado, 15 de xullo |
16.00 ás 21.00 |
Grupo 5 |
sábado, 22 de xullo |
09.30 ás 14.30 |
Grupo 6 |
sábado, 22 de xullo |
16.00 ás 21.00 |