A Concellería de Deportes acomete traballos de mellora nas piscinas de Frigsa para un funcionamento máis eficiente

Cumprindo co xa avanzado polo voceiro municipal e Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, o Concello aproveita o peche das piscinas municipais de Frigsa durante este mes de agosto para acometer traballos de mantemento das instalacións co fin de conseguir un mellor e máis eficiente funcionamento.

Xoves, 09 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Deportes acomete traballos de mellora nas piscinas de Frigsa para un funcionamento máis eficiente

As tarefas comezaron esta semana, segundo informou o edil, e afectan ao vaso de compensación da piscina antiga, que se baleirará e se limpará, ademais de colocar sistemas para mellorar o seu control e operatividade. Así mesmo, revisarase o perímetro dese vaso de compensación para selar posibles fisuras e reporanse plaquetas danadas. No caso do vaso novo, tamén se mellorará o funcionamento do vaso de compensación.

Ademais, procederase á reposición de plaquetas, ó acondicionamento da entrada e ao pintado de distintas zonas, entre outras melloras, “que aínda sendo pequenas e de pouco importe, son fundamentais para garantir a calidade dun servizo que usan a diario centos de persoas durante once meses ao ano e para mellorar a eficacia do seu funcionamento”, subliñou Miguel Fernández.

Noticias relacionadas