A Concelleira de Benestar Social e o de Protección da Comunidade clausuran os cursos de vixiante e seguridade organizados polo Servizo Municipal de Drogodependencias

Venres, 13 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, entregaron hoxe os diplomas acreditativos aos asistentes aos cursos de vixiante e seguridade organizados pola súa Concellería a través do Servizo Municipal de Drogodependencias.

Foron dous accións formativas que se desenvolveron dende o 1 de febreiro ao 7 de xuño: O primeiro deles corresponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartiron profesionais do Grupo Cetssa e que contou con 40 participantes, o total das prazas ofertadas. A duración do curso foi de 180 horas.

A segunda das accións formativas consistiu no I Curso de Especialista en Explosivos e Escolta Privado e que tamén foi impartido por técnicos do Grupo Cetssa. Este curso contou tamén coa ocupación total das 20 prazas ofertadas. O curso contou cun total de 90 horas de clases.

Os cursos estaban dirixidos á poboación lucense maior de 18 anos e, especialmente, a aqueles colectivos con dificultades sociais.  Actualmente calquera destes cursos conta cun amplo abano de saídas laborais, moitas delas na propia cidade das murallas. Cabe destacar que máis do 50% do alumnado que realizou o curso de vixiante de seguridade do ano pasado está prestando os seus servizos como profesional deste sector.

A Concelleira felicitou aos participantes por chegar ata aquí e indicou que “para nós é unha satisfacción realizar estes cursos e que lles sirva aos alumnos para atopar un emprego e acadar un futuro mellor”.

Os dous cursos estiveron subvencionados polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo o que reduciu notablemente o prezo da matrícula.

Noticias relacionadas