Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 13 ao 15 de xaneiro.

Luns, 16 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia

Durante as noites do venres 13 e sábado 14, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificáronse os filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando as seguintes incidencias:

  • Detéctase a circulación irregular dun vehículo na Estrada da Granxa e ao identificar ao seu condutor compróbase que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por resolución xudicial, inmobilizándose o vehículo e trasladándoo á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Así mesmo, compróbase que este condutor é reincidente pois foi interceptado pola Policía Local de Lugo en agosto do ano 21 conducindo con altas taxas de alcol, polo que se instruíron dilixencias por delito e no ano 22 foi interceptado en dúas ocasións no mes de xullo lanzando resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido.
  • Na rúa San Roque dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Na rúa Dinán detectáronse TRES CONDUTORES con taxas de alcol:
    • O primeiro lanzou un resultado POSITIVO de 0,94 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
    • O segundo e o terceiro lanzaron resultado POSITIVO de 0,37 e 0,33 mg/l, respectivamente, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Na rúa Vázquez Queipo detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e inmobilizando o vehículo.

Así mesmo, no transcurso destes controis detectáronse 2 vehículos que circulaba CARECENDO DE SEGURO, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de 1.500 euros; 5 vehículos que tiñan a ITV caducada, sendo sancionados os seus titulares con 200 euros e levantáronse dúas actas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

Inspección de locais de hostalería

Levantouse acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos de Galicia ao detectar un local da rúa Illas Cíes que funcionaba con reprodución de música vía bluetooth a través dun altofalante vertical, cando pertence á categoría I tendo prohibido a instalación de aparellos reprodutores de música.

Violencia de xénero

Na mañá do domingo día 15, por parte da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local intervense na zona de interior de Murallas, onde unha muller en compañía da súa filla menor de idade, foi obxecto de presunta violencia de xénero, por parte da súa parella que tamén ocasionou varios danos no interior do piso conxugal.

Que foron trasladadas ambas a un centro sanitario onde cando estaba a ser atendida pola médico de garda, a muller renuncia ao devandito dereito e abandona o centro médico un tanto alterada, sendo trasladada de novo ao seu domicilio, para o que se utilizou un vehículo camuflado.

Indicar que o suposto agresor, abandonara o domicilio antes da chegada da forza actuante, non levando as chaves do piso e só as dun vehículo. Segundo indica a menor, aínda que a ela nunca lle gritou nin lle pegou, esta non sería a primeira vez que suceden situacións similares. Pese a iso, a muller no amosou, nun principio, intención de presentar denuncia e afirmou que a parella se atopa en trámites de separación.

Noticias relacionadas