Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 05 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Sobre as 7:30 horas do día 3 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio dun barrio da zona sur da cidade xa que ao parecer un home tentaba abusar dunha muller.

Os axentes trasládanse de inmediato ao lugar, sendo recibidos por unha muller que lles manifesta que despois de estar de “festa” coa súa parella, un home de 26 anos, este ameazábaa con agredila e ao estar no portal do edificio tentou realizar tocamentos en contra da súa vontade, propinándolle unha patada nunha perna, manifestando que feitos similares producíronse con anterioridade, aínda que non formulara denuncia.

Á vista destas manifestacións os axentes localizan ao presunto agresor, procedendo á súa detención por un delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

Campaña especial de control de velocidade

A Policía Local de Lugo fará controis de velocidade do 4 ao 10 de xullo, con ocasión da Campaña especial sobre vixilancia e control da velocidade da DXT.

A Policía Local lembra que desde o 11 de maio de 2021, o límite de velocidade en vías urbanas é de:

  • 20 km/h en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa.
  • 30 km/h en vías dun único carril por sentido de circulación.
  • 50 km/h en vías de dúas ou máis carrís por sentido de circulación.

O incumprimento destas normas leva consigo sancións de 100 a 600 euros e a perda de entre 2 e 6 puntos dependendo da velocidade.

Ademais o Código penal castiga como delito contra a seguridade viaria á ou ao que conducise un vehículo de motor ou ciclomotor a velocidade superior en 60 km/h en vía urbana, con penas de prisión de 3 a 6 meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade e en todo caso coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores de 1 a 4 anos.

A Policía Local de Lugo solicita a todas e todos os condutores que adecúen a velocidade do vehículo á establecida para a vía.

Noticias relacionadas