Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 03 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do día 3 de marzo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta pola rúa Montero Ríos, a circulación irregular dun vehículo, xa que o facía zigzagueando dun lado a outro da rúa, sendo interceptado. Ao proceder á identificación do condutor obsérvase que presenta signos evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l (triplo da taxa máxima permitida), polo que é trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo compróbase, a través das bases de datos policiais, que o ano anterior este condutor, de 54 anos, tiña anotación de sentenza firme por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e non realizara o curso de reeducación.

Accidente de circulación en centro urbano

Á primeira hora da mañá de onte día 2 de marzo, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Rolda das Fontiñas xa que se produciu un accidente de circulación, observando os axentes que unha motocicleta, ao virar desde esta vía para incorporarse á rúa Montirón, quedáraselle ao condutor o acelerador bloqueado, chocando contra un turismo que se achaba detido ante a luz vermella dun semáforo, rexistrándose danos materiais e instruíndose as oportunas dilixencias. (Adxúntase imaxe)

Noticias relacionadas