A Comisión de Tráfico abordou o plan de circulación con motivo da peonalización da Mosqueira e a instalación de pasos de peóns en centros escolares

Este plan contempla a reubicación de colectores de lixo, instalación de semáforos, reordenación de varias interseccións e cambios no sentido dalgunhas vías.

Luns, 16 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Comisión de Tráfico do Concello de Lugo, convocada e presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, vén de abordar o plan de circulación con motivo da peonalización da Mosqueira. Este proxecto contempla, entre outros aspectos, a reubicación de colectores de lixo, limitacións de estacionamento, instalación de novos semáforos, reordenación de varias interseccións e cambios no sentido de circulación, así como o establecemento de sentidos únicos e dobres sentidos nalgunhas rúas.

Ademais, na xuntanza, celebrada este luns, acordouse, entre outros aspectos, a instalación de pasos de peóns nas contornas dos centros educativos María Auxiliadora, Albeiros e Illa Verde, e a reserva dunha praza de urxencias para o centro asistencial situado na rúa Illa Coelleira.

Nesta comisión, ademais da alcaldesa, están presentes os concelleiros de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo e Alex Penas, así como a Policía Local e técnicos municipais.

Noticias relacionadas