A Comisión de Festas acorda homoxeneizar e regular os espazos do feiral do San Froilán

Segundo informou ao final da reunión a Alcaldesa, tratouse dunha primeira xuntanza, moi participativa, na que se puxeron enriba da mesa distintas iniciativas para mellorar as potencialidades das patronais

Mércores, 23 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Comisión de Festas acorda homoxeneizar e regular os espazos do feiral do San Froilán

A Comisión de Festas do San Froilán 2016 reuniuse este mércores por primeira vez para avanzar nos preparativos destas festas que no pasado ano deixaron uns 11,5 millóns de euros en Lugo e ata un 97% de ocupación hoteleira. Segundo informou ao final da reunión a Alcaldesa, Lara Méndez, tratouse dunha primeira toma de contacto para o San Froilán do 2016, moi participativa, na que se puxeron enriba da mesa distintas iniciativas para mellorar as potencialidades das patronais.

Como punto de partida, a Comisión de Festas acordou homoxeneizar e regular os espazos do feiral do San Froilán, un aspecto que fará máis atractivo aínda a estes festexos e máis cómodo para os feirantes, e que ademais se recollerá nas bases renovadas da licitación dos emprazamentos para postos e atraccións no San Froilán, xunto aos seus horarios, entre outras cuestións.

Nesta primeira xuntanza, tamén se adiantou a inclusión dun espazo multicultural para a integración de diversos colectivos. Na Comisión tamén se abriu o prazo, ata o 31 de maio, para que os grupos que forman a Corporación Municipal presenten as súas propostas de cara a elaboración da programación destas festas.

Noticias relacionadas