- Tema
Martes, 01 de agosto de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

Tal e como avanzou o Goberno, esta semana comezaron a traballar os 5 socorristas contratados para desenvolver labores de vixilancia e salvamento acuático no entorno do Miño. Empezaron onte pola tarde e continuarán prestando o servizo ata finais de setembro. O proceso demorouse un mes, pois o servizo debería estar operativo a primeiros de xullo, debido á tardanza da Xunta en resolver as axudas para este fin, que aínda lle comunicou ao Concello a mediados de xullo e sen as que a entidade local non pode asumir a contratación dos socorristas. Deste xeito, a contratación realizouse con moita axilidade, pois en tan só quince días os 5 socorristas xa están traballando.