Comezan os cursos, organizados pola área municipal de Novas Tecnoloxías, para mellorar as competencias dixitais da cidadanía lucense

As actividades, de carácter gratuíto, estanse a desenvolver durante o mes de marzo con obradoiros para abondar no manexo dos teléfonos móbiles e na iniciación á informática para persoas maiores  

 
Luns, 09 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os cursos, organizados pola área municipal de Novas Tecnoloxías, para mellorar as competencias dixitais da cidadanía lucense

Novas Tecnoloxías acolle dende hoxe varios cursos para mellorar as competencias e habilidades dixitais da cidadanía.

Así, dende hoxe e até o 13 de marzo, en horario de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar un taller destinado a usuarios de todas as idades que queiran sacarlle maior partido ao seu teléfono móbil e no que resultou imprescindible, para participar, contar cun exemplar de Smartphone.

Igualmente, nesta mesma xornada e até o venres 27, desenvolverase un obradoiro de iniciación á informática para persoas maiores de 55 anos. A formación comezaba esta mañá e námbalas dúas actividades completáronse as 15 prazas que había dispoñibles e mesmo houbo que habilitar lista de agarda para vindeiras edicións.

Lembrar que, durante o mes de marzo, continuarán tamén as titorías tecnolóxicas os sábados 14 e 28, de 17:30 a 19:00 horas, dirixidas á veciñanza que precise aclarar algunha dúbida sobre diferentes cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías. Poden apuntarse nas mesmas ate o día anterior á súa celebración ben presencialmente, a través do teléfono 982.29.73.77 ou no correo electrónico novastecnoloxias@lugo.gal

Multimedia

  • Comezan os cursos, organizados pola área municipal de Novas Tecnoloxías, para mellorar as competencias dixitais da cidadanía lucense

Noticias relacionadas