Comezan os cursos de educación viaria de verán no Parque Infantil de Tráfico

Manuel Núñez visitou o arranque destes cursos, nos que participan preto de 200 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos

Luns, 04 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os cursos de educación viaria de verán no Parque Infantil de Tráfico

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitou este luns o comezo dos cursos de educación viaria de verán no Parque Infantil de Tráfico. Trátase duns cursos organizados polo Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, dirixidos a preto de 200 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, que buscan que os máis cativos adquiran condutas seguras como peóns e viaxeiros e como usuarios do transporte público e privado, así como aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais.

Noticias relacionadas