Comezan as labores de limpeza integral no barrio de Augas Férreas

Luns, 20 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as labores de limpeza integral no barrio de Augas Férreas

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou este luns o inicio dos traballos de limpeza integral no barrio de Augas Férreas que levará a cabo o dispositivo posto en marcha polo goberno de Lara Méndez. Deste xeito, os efectivos das empresas encargadas do aseo urbano, o mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís – apoiados polas brigadas municipais – unificarán os seus esforzos nesta contorna para mellorar o seu acondicionamento, sen descoidar o labor ordinario que levan a cabo diariamente.

O operativo encargarase - de forma simultánea e coordinada - da roza de vías e predios municipais, da limpeza dos sumidoiros e dos colectores así como dos bancos e resto do mobiliario urbano con máquinas a presión que tamén se empregarán na eliminación de graffiti, do baldeo das rúas e perfilado do céspede; desherbaranse os camiños interiores das zonas verdes e colocarase planta con flor, alén de limpar e amañar os alcorques das árbores e de podar sebes e arbustos. Logo de que os traballos conclúan neste punto da capital, o dispositivo continuará por Fingoi.

Multimedia

  • Comezan as labores de limpeza integral no barrio de Augas Férreas

Noticias relacionadas