Comeza a elaboración do graffiti ‘Fusión de melloras’ co que o executivo de Lara Méndez visibiliza o Lugo social

A concellería de Benestar Social quere que a arte urbana se transforme nunha homenaxe ao terceiro sector e nunha chamada de atención sobre “o enorme labor que desenvolve”.

O mural foi o gañador do certame ‘O corazón de Lugo’, e o seu autor, Daniel Fernández Vargas, amosa as vendas que impiden ver en moitos casos o traballo do voluntariado.

Venres, 02 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a elaboración do graffiti ‘Fusión de melloras’ co que o executivo de Lara Méndez visibiliza o Lugo social

A concelleira de Benestar Social, Olga López, estivo hoxe presente no inicio da elaboración do graffiti ‘Fusión de melloras’, que se executa no muro do centro de convivencia Maruja Mallo, coa que o executivo de Lara Méndez quere visibilizar o Lugo máis social, “o Lugo que constrúen tamén as asociacións e os colectivos fortemente comprometidos na mellora da calidade de vida da veciñanza”.

O mural realízao Daniel Fernández, gañador do certame ‘O corazón de Lugo’, que foi organizado polo Concello lucense en colaboración coa Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo (Fadas), cuxa representante, Ana María Bereciartúa, estivo presente tamén no inicio da obra de arte urbana.

Con este concurso, a concellería de Benestar quere enxalzar o traballo realizado polas asociacións que forman o terceiro sector de acción social de Lugo ao tempo que “realizamos un chamamento á cidadanía para que non esqueza as iniciativas que desenvolven estes colectivos, sempre necesarias para acompañar e complementar os programas e recursos municipais”, destacou a edil.

A obra gañadora foi ‘Fusión de melloras’, de Daniel Fernández Vargas, na que “pretendía representar toda a axuda que brindan cada unha das persoas voluntarias das asociacións (de aí a mans abertas) e creo que todos deberiamos de apoiar e axudar a esa xente que cada día fai cousas para darnos un mundo mellor ás persoas e natureza que o necesita. Deberiamos unirnos e axudar no posible. De aí á cabeza aberta que se pecha grazas a esas mans que a está unindo para estar todos nunha. A cabeza da muller representa a todo o mundo xa que sen as mulleres non poderiamos nacer, as flores e follas son unha pequena parte representando a natureza” explicaba.

O xurado elexiu 3 obras aos que dende a Concellería de Benestar Social se lles outorgou 1000 euros para o primeiro premio e a realización da obra, 500 euros ao segundo premio e 200 euros ao terceiro premio. Ao resto de obras preseleccionadas, Fadas concedeulles un vale de compra de materiais por valor de 100 euros.

Multimedia

  • Comeza a elaboración do graffiti ‘Fusión de melloras’ co que o executivo de Lara Méndez visibiliza o Lugo social

Noticias relacionadas