As charlas médicas para a terceira idade continúan esta semana en dous barrios

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana os barrios de Fontiñas e As Regas. As charlas comezaron o pasado día 2 na parroquia lucense de Coeses. Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermería de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde.

A charla de Fontiñas será o luns, ás seis da tarde, e nas Regas o 16 ás oito da tarde. O calendario deseñado cubrirá as seguintes zonas do municipio:

- Trapero o 20 de marzo, ás 18 horas;
- Recimil o 23 de marzo, ás 18:30 horas;
- Romeán o 11 de abril, ás 18 horas;
-As Gándaras o 12 de abril, ás 20 horas;
-O Sagrado Corazón o 18 de abril, ás 20 horas;
-Díaz Castro o 19 de abril, ás 18 horas;
-Burgo o 27 de abril, ás 19:30 horas;
-Ribas de Miño o 10 de maio, ás 20 horas;
-Tirimol o 11 de maio, ás 20:00 horas;

Rematarán o 25 de maio en Soñar coa charla que se celebrará ás 18 horas.

As charlas percorrerán distintos barrios da cidade e a zona rural co fin de dar cobertura informativa a todos os lucenses sobre temas de gran interés para a población como son as enfermidades que afectan á terceira idade. Estas ponencias estarán impartidas por profesionais especializados en mediciña xeriátrica e abordarán temas relacionados coa saúde dos maiores dende a perspectiva da prevención (para fomentar hábitos saudables de dieta, exercicio físico e hixiene) e da enfermidade, ofrecendo información sobre as afeccións típicas como demencias ou alzheimer. Outras materias das que se informará será o uso adecuado dos medicamentos ou a saúde da muller.

As conferencias son totalmente gratuítas e estarán abertas á participación do público asistente co fin de ofrecer a oportunidade de plantexar as súas dúbidas e comentarios sobre estes temas aos expertos.

Dende o Concello o que se busca ao desenvolver este tipo de actividades é satisfacer unha demanda dos ciudadanos cada vez máis concienciados da necesidade de adoptar hábitos saudables e de previr enfermidades.

Cando finalicen as distintas accións formativas contempladas neste convenio de colaboración, as institucións participantes editarán unha publicación coa escolma dos contidos abordados ao longo das actividades desenvolvidas.

Noticias relacionadas