A Casa das linguas oferta unha nova programación para padres e nenos

Venres, 25 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa das Linguas, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, oferta unha serie de novidades coa chegada da tempada de verán.

Os luns e mércores pola mañá, a partir das 11:00 horas, comezará o grupo Parents & Kids. O obxectivo é que os cativos e cativas, mentres os seus pais e nais aprenden e melloran un idioma, realicen actividades destinadas especialmente para eles como o visionado de películas ou contos.

Por outra banda, a Casa das Linguas proxectará para os asistentes en versión orixinal a película La Duquesa, a serie El Mentalista, la película Microcosmos, la sitcom francesa “H”, que complementarán unha programación que inclúe charlas, clases de escoita e conversación, chats, clases de gramática e vocabulario, lectura, …

Máis información: http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com

 

Noticias relacionadas