Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa das linguas oferta unha nova programación para padres e nenos

A Casa das linguas oferta unha nova programación para padres e nenos

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 25 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa das Linguas, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, oferta unha serie de novidades coa chegada da tempada de verán.

Os luns e mércores pola mañá, a partir das 11:00 horas, comezará o grupo Parents & Kids. O obxectivo é que os cativos e cativas, mentres os seus pais e nais aprenden e melloran un idioma, realicen actividades destinadas especialmente para eles como o visionado de películas ou contos.

Por outra banda, a Casa das Linguas proxectará para os asistentes en versión orixinal a película La Duquesa, a serie El Mentalista, la película Microcosmos, la sitcom francesa “H”, que complementarán unha programación que inclúe charlas, clases de escoita e conversación, chats, clases de gramática e vocabulario, lectura, …

Máis información: http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-das-linguas-oferta-unha-nova-programacion-para-padres-e-nenos

Ligazóns:
[1] http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com