A Casa Consistorial e Muralla ilumínanse de verde conmemorando o Día Nacional do Donante de Órganos e Texidos

Martes, 01 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora o Día Nacional do Donante de Órganos e Texidos, 2 de xuño, iluminando de verce a fachada da Casa Consistorial.

A petición foi solicitada por Alcer Lugo, unha asociación sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que ofrece información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I. R. C.), ademais de prestar servizos e organizar actividades para mellorar a calidade de vida deste colectivo ao redor da súa problemática. Dende o Concello preténdese axudar a concienciar á poboación para que aumenten as doazóns de órganos e que moitas persoas poidan seguir vivindo.

Lembrar tamén que pode ser doante de órganos toda persoa que en vida decida que, os seus órganos sirvan para salvar ou mellorar a vida doutros.

Noticias relacionadas