Domingo, 22 de maio de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, desexoulle este domingo un “bo camiño” a un grupo de membros de ASPNAIS que partiron esta mañá cara a Santiago de Compostela. Esta é unha actividade enmarcada dentro da programación organizada pola asociación para conmemorar o seu 50 aniversario.