A Concelleira destacou a importancia destes eventos, que coinciden coa aposta do Concello pola protección e promoción turística deste ben declarado Patrimonio Mundial
Xoves, 14 de xullo de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu ao Simposio Internacional sobre o Camiño Primitivo Los Reyes de Asturias y los orígenes del culto a la tumba del apóstol Santiago, que se celebra na cidade de Oviedo.
Neste senso, a edil destacou a importancia destes eventos, que coinciden coa aposta do Concello pola protección e promoción turística do Camiño Primitivo, un ben declarado fai un ano como Patrimonio Mundial pola UNESCO, que se suma á Muralla e a Catedral de Lugo.