Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre asiste ao Simposio Internacional sobre o Camiño Primitivo, que se celebra en Oviedo

Carmen Basadre asiste ao Simposio Internacional sobre o Camiño Primitivo, que se celebra en Oviedo

A Concelleira destacou a importancia destes eventos, que coinciden coa aposta do Concello pola protección e promoción turística deste ben declarado Patrimonio Mundial

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Xoves, 14 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre asiste ao Simposio Internacional sobre o Camiño Primitivo, que se celebra en Oviedo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu ao Simposio Internacional sobre o Camiño Primitivo Los Reyes de Asturias y los orígenes del culto a la tumba del apóstol Santiago, que se celebra na cidade de Oviedo.

Neste senso, a edil destacou a importancia destes eventos, que coinciden coa aposta do Concello pola protección e promoción turística do Camiño Primitivo, un ben declarado fai un ano como Patrimonio Mundial pola UNESCO, que se suma á Muralla e a Catedral de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-asiste-ao-simposio-internacional-sobre-o-camino-primitivo-que-se-celebra-en