822 libros incrementarón os fondos desta biblioteca durante o ano 2025 dos cales 206 están escritos en galego.
Ferreiro anunciou unha partida próxima aos 15.000 euros para o ano 2026 destinada a seguir incrementado o catálogo bibliográfico da biblioteca Isidro Novo.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a Concelleira de Educación Difusión do coñecemento, Iria Buide, visitaron a biblioteca municipal Isidro Novo. A biblioteca municipal conta nestes momentos cuns 50.000 exemplares entre libros e material audiovisual.
Maite Ferreiro asegurou que 822 libros incrementarón os fondos desta biblioteca durante o ano 2025 dos cales 206 están escritos en galego. "A Biblioteca Municipal contribúe á lectura e sobre todo á difusión do galego" dixo Maite Ferreiro. No transcurso da visita anunciouse un investimento, previsto para o ano 2026, próxima aos 15.000 euros que se incluirán nos orzamentos do Concello do ano 2026.
As últimas incorporacións e todos os fondos da biblioteca municipal podense consultar en https://biblioteca.lugo.gal/. A biblioteca municipal Isidro Novo está xestionada dende á Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua que dirixe a nacionalista Maite Ferreiro.
Audio
- A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a biblioteca municipal | Descargar mp3




