Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > "A Biblioteca Municipal contribúe á lectura e sobre todo á difusión do galego" dixo Maite Ferreiro

"A Biblioteca Municipal contribúe á lectura e sobre todo á difusión do galego" dixo Maite Ferreiro

822 libros incrementarón os fondos desta biblioteca durante o ano 2025 dos cales 206 están escritos en galego.

Ferreiro anunciou unha partida próxima aos 15.000 euros para o ano 2026 destinada a seguir incrementado o catálogo bibliográfico da biblioteca Isidro Novo.

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Bibliotecas e arquivos
Venres, 09 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
"A Biblioteca Municipal contribúe á lectura e sobre todo á difusión do galego" dixo Maite Ferreiro

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a Concelleira de Educación Difusión do coñecemento, Iria Buide, visitaron a biblioteca municipal Isidro Novo. A biblioteca municipal conta nestes momentos cuns 50.000 exemplares entre libros e material audiovisual.

Maite Ferreiro asegurou que 822 libros incrementarón os fondos desta biblioteca durante o ano 2025 dos cales 206 están escritos en galego.  "A Biblioteca Municipal contribúe á lectura e sobre todo á difusión do galego" dixo Maite Ferreiro.  No transcurso da visita anunciouse un investimento, previsto para o ano 2026, próxima aos 15.000 euros que se incluirán nos orzamentos do Concello do ano 2026.

As últimas incorporacións e todos os fondos da biblioteca municipal podense consultar en https://biblioteca.lugo.gal/ [1]. A biblioteca municipal Isidro Novo está xestionada dende á Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua que dirixe a nacionalista Maite Ferreiro.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a biblioteca municipal | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/biblioteca-municipal-contribue-lectura-e-sobre-todo-difusion-do-galego-dixo-maite-ferreiro

Ligazóns:
[1] https://biblioteca.lugo.gal/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/2026-01-09_m_ferreiro_bibliotca.mp3