A Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde Miguel Fernández e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avala o acordo que habilita estes espazos para o uso cidadán.
“Estamos satisfeitos e unha victoria da perseverancia traballo político e administrativo. A Xunta non ten escusa: se os aparcadoiros non están abertos mañá mesmo, será unha proba da súa falta de vontade política”, apuntou o rexedor.
“Estes espazos poderían estar xa abertos se a Xunta actuase con responsabilidade e dilixencia. Non quixeron abrilos antes e, ante a presión veciñal, utilizaron o convenio como escusa”, sinalou.

Esta mañá celebrouse no salón de actos do Concello de Lugo unha nova sesión da Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde, Miguel Fernández, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na que se aprobou o convenio que permitirá a apertura dos aparcadoiros dos institutos de Ramón Ferreiro, de titularidade autonómica, para o seu uso público fóra do horario lectivo.
Este acordo chega tras meses de xestións por parte do Goberno local, que leva anos reclamando a posta a disposición destes espazos para aliviar a alta presión de aparcadoiro que sofre a zona. A medida conta ademais co respaldo da Policía local e dos demais corpos e forzas de seguridade do Estado, que participaron tamén na xuntanza, que consideraban suficiente un único convenio tipo para todas as adminsitración como o que se rpesentou na Xunta local de seguridade celebrado o pasado 25 de abril.
Tras a cocnlusión da reunión, o alcalde de Lugo cualificou o acordo como "un paso adiante necesario, pero que chega con moito atraso por parte da Xunta de Galicia". Miguel Fernández lembrou que “estes espazos poderían estar xa abertos desde hai meses se o Goberno autonómico tivese feito os deberes con responsabilidade e dilixencia e amosase vontade política. Non hai ningunha razón técnica nin legal que xustifique que a veciñanza non poideraa aparcar alí desde hai tempo”.
O rexedor criticou tamén con contundencia o “incomprensible retraso” nos traballos de adecuación mínima dos aparcadoiros, que son competencia directa da administración autonómica. “Son conscientes da situación desde fai anos. Falta previsión. A Xunta non ten escusa: se estes espazos non están abertos mañá mesmo, será unha proba clara da súa falta de vontade política para dar resposta a unha demanda histórica do Concello e da veciñanza de Lugo”.
Fernández agradeceu o compromiso da Subdelegación do Goberno e das forzas de seguridade na resolución deste asunto, e advertiu que o Goberno local seguirá “vixiante” para garantir que o acordo aprobado hoxe se cumpra “sen máis demoras nin escusas”.
“É canto menos pouco operativo que tiveramos que firmar un único convenio coa Xunta,e en concreto cunha Consellería en particular, cando co resto de Adminstracións existía xa un acordo de convenio marco que englobaba todas as dependecias actuais e futuras. Isto significa que deberemos facer outro novo convenio para o CIS que, por certo, xa funciona como aparcadoiro, ao contrario que as instalacións dos institutos que permancen pechadas”, dixo Fernández.
É necesario lembrar que o acordo foi posible grazas a unha reunión de traballo interadministrativa celebrada o pasado mes de abril entre o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Administración Xeral do Estado, na que se pecharon os termos que permitirán á Policía Local intervir nos aparcadoiros de titularidade autonómica e provincia, pero o ente autonómico solicotu firmar por separado, por isto esta nova XLS. “Desde ese momento, a Xunta xa non tiña escusa para non actuar”, insistiu o alcalde, quen lamentou que, malia contar co marco legal necesario, o Goberno autonómico teña seguido demorando a apertura destes espazos sen razón aparente.



