A área de Turismo retoma a colocación do posto de información turística na praza Maior

Maite Ferreiro: “no ano anterior ao inicio da pandemia, o posto de información turística permitiu aumentar nun 64% o número de persoas atendidas”

O posto de información turística atendeu a máis dunha vintena de persoas no primeiro día

Mércores, 23 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Turismo retoma a colocación do posto de información turística na praza Maior

A concelleira responsábel da área de Turismo, Maite Ferreiro, visitou esta mañá o posto de información turística da praza Maior, que o Goberno de Lugo habilitou para este verán, despois de non colocarse o ano pasado debido á situación sanitaria. Maite Ferreiro explicou que “este ano, coa mellora da situación e a relaxación das medidas a ter en conta nas viaxes, retomamos unha iniciativa importante para a promoción turística da cidade”.

O posto de inforación colocado no 2019 permitiu aumentar un 64% no número de persoas que recibiron atención turística. “Este ano, no primeiro día que estivo colocada, xa atendeu a máis dunha vintena de persoas”, afirmou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro explicou que "esta é unha continuación da campaña iniciada no 2019, coa nosa chegada ao goberno, e coa que pretendemos poñer en valor o potencial turístico de Lugo, tanto o contido da cidade como a súa posición estratéxica como punto céntrico do turismo de proximidade na Galiza".

A edil de Cultura lembrou que este ano continuará a campaña Lugo Km 100, que pretende “poñer en valor o potencial turístico de Lugo, tanto o contido da cidade como a súa posición estratéxica como punto céntrico do turismo de proximidade na Galiza”. A campaña céntrase en que Lugo está a 100 km de moitas zonas turísticas de Galiza, como A Coruña, A Mariña, Compostela ou a Ribeira Sacra, e contamos cun gran patrimonio histórico e cultural na nosa cidade.

Audio

  • A concelleira de Turismo, Maite Ferreiro, sobre a información turística na praza Maior | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Turismo retoma a colocación do posto de información turística na praza Maior

Noticias relacionadas