A área de Cultura organiza campamentos de verán nas casas das linguas municipais

Maite Ferreiro: “queremos ofertar unha alternativa para a conciliación na que as nenas e nenos se acheguen a outras linguas de maneira lúdica”

As actividades desenvolveranse nas dúas casas das linguas municipais na primeira quincena de xullo e na segunda de agosto

Xoves, 17 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura organiza campamentos de verán nas casas das linguas municipais

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou unha nova edición dos campamentos de verán organizados polas Casas das Linguas Municipais. Segundo informou Maite Ferreiro, “queremos facilitar a conciliación ás familias ao mesmo tempo que achegamos ás nenas e nenos a outras linguas de maneira lúdica”.

As actividades estarán orientadas para nenas e nenos de entre 5 e 9 anos, e levaranse a cabo en dúas quendas, do 1 ao 14 de xullo e do 16 ao 31 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 en cada unha das Casas das Linguas, e cunha participación de 10 nenas e nenos en cada unha das actividades.

Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico ou en persoa na Casa das Linguas desexada, entre o días 16 e o 29 de xuño. Os enderezos de correo electrónico habilitados son casa.linguas@lugo.gal para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal para a casa das linguas María Balteira. Cada alumna ou alumno só poderá solicitar unha quincena, e as solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo, indicando en todos os casos o nome e a quincena solicitada.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os campamentos na Casas das Linguas | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Cultura organiza campamentos de verán nas casas das linguas municipais

Noticias relacionadas