As visitas guiadas terán lugar os venres, sábados e domingos dos meses de agosto e setembro, e sairán a partir das 12:30 da praza do Campo
Cada visita estará limitada a 20 persoas, que deberán anotarse previamente na Oficina Municipal de Turismo

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, durante as fins de semana de agosto e setembro, o ciclo de visitas guiadas á cidade 25 paseos por Lugo, que realizará a guía turística Ana Quintas. O edil de Educación, Felipe Rivas, declarou que “desde a área de Turismo continuamos a propoñer actividades para coñecer o noso concello durante os meses de verán”.
As visitas terán lugar os venres, sábados e domingos de agosto e setembro ás 12:30 horas. “Sairán da praza do Campo e percorrerán os principais atractivos turísticos da cidade”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “trátase dunha actividade gratuíta mais é preciso anotarse previamente para controlar a cabida de cada unha das visitas, que está limitado a 20 persoas”.
O edil de Educación lembrou que “será necesario o uso de máscaras e o mantemento da distancia interpersoal, seguindo coas indicacións das autoridades sanitarias”. Felipe Rivas animou a “visitar Lugo e coñecer a nosa historia e o noso patrimonio”.
Audio
- O edil Felipe Rivas, sobre as visitas turísticas | Descargar mp3