Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura organiza 26 paseos por Lugo durante os meses de agosto e setembro

A área de Cultura organiza 26 paseos por Lugo durante os meses de agosto e setembro

As visitas guiadas terán lugar os venres, sábados e domingos dos meses de agosto e setembro, e sairán a partir das 12:30 da praza do Campo

Cada visita estará limitada a 20 persoas, que deberán anotarse previamente na Oficina Municipal de Turismo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Venres, 24 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura organiza 26 paseos por Lugo durante os meses de agosto e setembro

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, durante as fins de semana de agosto e setembro, o ciclo de visitas guiadas á cidade 25 paseos por Lugo, que realizará a guía turística Ana Quintas. O edil de Educación, Felipe Rivas, declarou que “desde a área de Turismo continuamos a propoñer actividades para coñecer o noso concello durante os meses de verán”.

As visitas terán lugar os venres, sábados e domingos de agosto e setembro ás 12:30 horas. “Sairán da praza do Campo e percorrerán os principais atractivos turísticos da cidade”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “trátase dunha actividade gratuíta mais é preciso anotarse previamente para controlar a cabida de cada unha das visitas, que está limitado a 20 persoas”.

O edil de Educación lembrou que “será necesario o uso de máscaras e o mantemento da distancia interpersoal, seguindo coas indicacións das autoridades sanitarias”. Felipe Rivas animou a “visitar Lugo e coñecer a nosa historia e o noso patrimonio”.

Audio

  • O edil Felipe Rivas, sobre as visitas turísticas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-organiza-26-paseos-por-lugo-durante-os-meses-de-agosto-e-setembro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200724_felipe_rivas_visitas_turisticas.mp3