A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes polo 180 aniversario do seu nacemento

As redes sociais de Cultura compartirán cada hora unha versión de Negra Sombra

Maite Ferreiro: “homenaxeamos nesta data ao fundador da Banda Municipal”

Domingo, 12 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes polo 180 aniversario do seu nacemento

A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes este luns, 13 de abril, coincidindo co 180 aniversario do nacemento do músico lucense. “Homenaxeamos nesta data a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal”, afirmou Maite Ferreiro.

Durante todo o día, as redes sociais da área de Cultura compartirán cada media hora versións do poema de Rosalía Negra Sombra, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892. A edil de Cultura animou “a visitar durante todo o día as redes sociais e ver a pegada que Xoán Montes deixou na historia da música”.

Noticias relacionadas