Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes polo 180 aniversario do seu nacemento

A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes polo 180 aniversario do seu nacemento

As redes sociais de Cultura compartirán cada hora unha versión de Negra Sombra

Maite Ferreiro: “homenaxeamos nesta data ao fundador da Banda Municipal”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Domingo, 12 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes polo 180 aniversario do seu nacemento

A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes este luns, 13 de abril, coincidindo co 180 aniversario do nacemento do músico lucense. “Homenaxeamos nesta data a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal”, afirmou Maite Ferreiro.

Durante todo o día, as redes sociais da área de Cultura compartirán cada media hora versións do poema de Rosalía Negra Sombra, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892. A edil de Cultura animou “a visitar durante todo o día as redes sociais e ver a pegada que Xoán Montes deixou na historia da música”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-homenaxeara-xoan-montes-polo-180-aniversario-do-seu-nacemento