A área de Cultura anuncia as novas datas dos espectáculos adiados pola crise sanitaria

Rubén Arroxo: “as entradas xa adquiridas serán válidas para as novas datas”

O portal entradaslugo.es volve ter á venta as entradas non vendidas para os espectáculos, garantindo a distancia de seguridade durante a realización dos mesmos

Venres, 17 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou as novas datas para os espectáculos organizados pola área de Cultura que foron adiados debido á crise sanitaria do COVID-19. Arroxo lembrou que “a XX edición da Mostra de Teatro Clásico, xunto coas actividades da programación do primeiro semestre que se ían realizar a partir do 12 de marzo, tiveron que suspenderse co inicio da pandemia”.

Arroxo afirmou que desde a área de Cultura se contactará coas persoas que adquiriran entradas mediante correo electrónico, informándoas das novas datas e do proceso a seguir para solicitar a devolución das mesmas. Segundo Rubén Arroxo, “as entradas xa adquiridas serán válidas para as novas datas”. Ademais, segundo informou Arroxo, “puxéronse á venta no portal de venta de entradas do Concello de Lugo as entradas aínda dispoñibles para os espectáculos, de xeito que as persoas interesadas poidan asistir”.

A área de Cultura garantirá o cumprimento das medidas ditadas polas autoridades sanitarias para o desenvolvemento destas actividades de maneira segura.

Novas datas da XX Mostra de Teatro Clásico

  • 6 setembro 20,30h Todas hieren y una mata de Ay Teatro
  • 8 setembro 18:30h Y los sueños, sueños son de Tropos Teatro
  • 10 setembro 20,30h Casa o Rei de Ibuprofeno Teatro
  • 13 setembro 20,30h Entre bobos anda el juego de CNTC e Noviembre
  • 15 setembro 18,30h Lázaro de Tormes de Pedras de Cartón
  • 16 setembro 20,30h Ricardo III de Kamikaze producciones

Novas datas para a programación cultural adiada do 1º semestre

  • 18 outubro 18,30h Falar por falar de Volta e dalle teatro
  • 25 outubro 18,30h Celebraré mi muerte de joan Fernández
  • 1 novembro 18,30h Pínconús de Pínconús teatro
  • 6 novembro 20,30h Leira de Nova galega de Danza
  • 8 novembro 18,30h O mellor dos 4 elementos de Pepe Vaamonde Grupo
  • 13 novembro 20,30h As vacacións máis longas de Diego M. Buceta
  • 15 novembro 18,30h Mai mai de Baobab Teatro
  • 22 novembro 18,30h A furia necesaria de Aldaolado
  • 29 novembro 20,30h Crónicas do Paraíso de Sarabela Teatro

Audio

  • O edil de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a programación cultural | Descargar mp3

Noticias relacionadas