Ana Prieto lémbralle á veciñanza que dispón dunha APP para o pago dos impostos locais

A día de hoxe están ao cobro os impostos sobre vehículos de tracción mecánica e de pasaxes. Quen non teña domiciliado o pago pode facelo descargando esta aplicación, dispoñible tanto para android como iOS co nome de Concello de Lugo. Soamente é necesario dispoñer dunha tarxeta de débido ou crédito

Xoves, 07 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quixo lembrarlle este xoves á veciñanza que dispón dunha aplicación móbil para facilitarlles o pago dos impostos locais a través de smarphones ou tablets, sen custo adicional. Trátase dunha APP recentemente implantada en Lugo grazas ao Concello e Abanca, que permite ás persoas contribuíntes o pagamento de recibos as 24 horas do día durante os 365 días do ano.  

A día de hoxe están ao cobro os impostos sobre vehículos de tracción mecánica e de pasaxes. Quen non teña domiciliado o pago pode facelo descargando esta aplicación, dispoñible tanto para dispositivos android como iOS co nome de Concello de Lugo. Soamente é necesario dispoñer dunha tarxeta de débido ou crédito.

A aplicación permite realizar o pagamento do recibo en dous cómodos pasos. Primeiro elíxese cómo se introducen os datos do recibo (facendo unha foto coa cámara do móbil ou tableta ao código de barras, introducindo os números do código de barras ou escribindo os datos do recibo) e, a continuación, hai que teclear os datos da tarxeta para efectuar o pagamento. Para axilizar a introducción de datos, tanto da tarxeta como do recibo, a ferramenta permite engadilos facéndolles unha foto coa cámara do dispositivo. A aplicación conta, ademais, cun asistente que axuda ao usuario a formalizar o pagamento de recibos guiándoo en todo o proceso. O abono de recibos a través desta aplicación informática é de balde, sen ningún tipo de comisión.

Este é un avance máis no pago telemático, para facelo máis doado e accesible, e que se suma ás ferramentas de pago online que ofrece o Concello dende o 2009. Lugo é o segundo Concello que dispón desta aplicación, tras o da Coruña, e a cuarta institución, tras as Deputacións de Coruña e Ourense e a entidade local coruñesa.

Audio

  • A edil  Ana Prieto, sobre a APP para o pago dos impostos locais | Descargar mp3

Noticias relacionadas