Luns, 03 de outubro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, entregou este luns no Salón de Plenos as fotos feitas o pasado sábado no photocall instalado na Praza Maior para conmemorar o Día das Persoas Maiores. Concello e Deputación organizaron estas actividades, así como unha chocolatada, inchables e o obradoiro de Memoria Dixital, para render homenaxe aos avós e avoas do municipio.