Ana González Abelleira asistiu aos actos conmemorativos da patroa da República Dominicana que se celebraron na cidade

Lugo caracterízase por ser unha cidade acolledora e integradora, na que conviven persoas de 89 nacionalidades diferentes

Domingo, 24 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira asistiu aos actos conmemorativos da patroa da República Dominicana que se celebraron na cidade

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiu este domingo aos actos conmemorativos da festividade da Nosa Señora de Altagracia, patroa da República Dominicana, que se celebraron na cidade de Lugo. Estes actos tiveron lugar na igrexa parroquial do barrio da Milagrosa.

En Lugo están empadroados 386 veciños e veciñas procedentes da República Dominicana. Nestes senso, Lugo caracterízase por ser unha cidade acolledora e integradora, na que conviven persoas de 89 nacionalidades diferentes.

Noticias relacionadas