Ana Abelleira solicita as propostas aos grupos municipais para consensuar a Declaración Institucional do 8 de marzo

A edil de Muller e Igualdade de Lugo lembra que a igualdade “é un dos eixos centrais do noso Goberno, transversal en todas as áreas municipais”

Xoves, 18 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira solicita as propostas aos grupos municipais para consensuar a Declaración Institucional do 8 de marzo

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, contactou cos grupos municipais da Corporación co fin de que presenten as súas aportacións para consensuar a Declaración Institucional con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Mediante a mesma, o Concello de Lugo pretende “expresar a firme vontade de loitar pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, igualdade que é un dos eixos centrais do noso Goberno e que é transversal en todas as áreas municipais”, segundo a edil.

González Abelleira destacou que “é importante dirixir o foco cara ás novas xeracións de mulleres e nenas activistas en favor da igualdade de xénero e facilitar o diálogo entre as novas xeracións e as defensoras dos dereitos das mulleres”.

Neste senso, o Goberno local fai fincapé no firme compromiso de erradicar todas as formas de discriminación que padecen as mulleres, as agresións sexuais, os datos económicos sobre desigualdade retributiva, a falta de corresponsabilidade nos coidados, ou as batallas que aínda han de librarse en ámbitos como o deporte ou a cultura por alcanzar a igualdade real, evidencian que o noso país debe poñerse á altura das lexítimas e  perentorias demandas das mulleres.

“Neste 8 de marzo, hai que levantar a voz, tal como fixemos as mulleres noutros momentos da historia co fin de cambiar o actual sistema social e cultural e só será  alcanzable mediante a articulación de políticas transformadoras, feministas e  interseccionales que proveñan e sexan desenvoltas a través do diálogo e o traballo continuado" declarou a concelleira.

Noticias relacionadas