Amplíase o prazo para inscribirse ó curso APRENDE A SER INSTAGRAMER de Tecnoloxíza-T na área de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo ata o 2 de agosto

O curso levarase a cabo no edificio de Novas Tecnoloxías.

Curso 100% de balde

O prazo para inscribirse amplíase ata o 2 de agosto

Xoves, 01 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, amplía o prazo para inscribirse ó curso APRENDE A SER INSTAGRAMER de Tecnoloxíza-T na área de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo ata o 2 de agosto. O horario do curso é de luns a venres de 11.00h a 13.00h, do 5 ó 9 de agosto. O número total de prazas é de 15, para menores de idades comprendidas entre 14 e 16 anos. Encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio. Para a correcta organización destes cursos establecéronse unha serie de  normas:

  • A inscrición realizarase no mesmo edificio ata ás 20.00h do día de peche da inscrición. Os/as menores de idade deberán contar coa autorización dun titor/a legal
  • O acceso ós cursos será por sorteo que se realizará ás 20.30h do día en que se pecha da inscrición. A lista de admitidos/as poderase consultarse no propio centro ou a través do 010
  • Será necesario asistir a un 80% das horas para poder recibir o diploma
  • En caso de non asistir o primeiro día do curso sen xustificación, perderase o dereito á asistencia en favor da seguinte persoa na listaxe de reserva
  • Os cursos son de balde
  • O número de prazas ofertadas por curso é de 8. Será necesario un mínimo de 5 inscritos/as por curso para que se leve a cabo
  • A participación neste curso implica a aceptación íntegra destas bases
  • A organización poderá introducir, se o cree necesario, as modificacións que estime convenientes para o mellor funcionamento dos cursos

Dende o Concello de Lugo recomendamos que os interesados se dean présa en facer a inscrición.

Noticias relacionadas